16 abril 2008

Hoxe imos usar "Google Maps" e "Google Earth"

Actualmente asistimos a un mundo cada vez máis globalizado e tecnificado. Resulta entón cada vez máis imprescindible incorporar ó estudio da Xeografía, tanto na ESO como no Bacharelato, moitos dos recursos que nos ofrece Internet.
Neste entorno, sin dúbida unha das ferramentas máis interesantes que podemos atopar hoxendía, destacamos dous programas: "Google Maps" e "Google Earth". Ambos permiten desenvolver a golpe de "click", similares tarefas como: contemplar o noso Planeta na súa totalidade ou a diferentes escalas, atopar lugares ou percorrer a súa superficie. Considero que ditos programas poden ser ferramentas de uso común cos alumn@s na aula, tal e como acostumamos a facer cun atlas ou cun diccionario. Neste breve comentario que emprendemos neste Blog, aproveitaremos para facer unha breve introducción, tanto a "Google Maps" como a "Google Earth".

O primeiro navegador é "Google Maps", xurdido a principios do 2.005. Trátase dun potente servidor de mapas de carácter gratuito, que poderemos atopar na barra de inicio do buscador de Google. Permítenos realizar desprazamentos virtuais polo territorio, intercambiando entre tres formas distintas de representación: mediante un mapa convencional, a través dunha imaxe por satélite, ou dun mapa en relevo.
En calqueira deles podemos distinguir, na esquiña inferior esquerda, a escala gráfica do mapa. Por riba dela atopamos un "zoom" e a barra de desprazamento pola pantalla.
Os mapas convencionais mostran a trama político-administrativa, así como os núcleos de poboación, as vías de comunicación..., ós cales se engade unha rica toponimia; no caso dos planos ou calexeiros urbanos aparecen os nomes das rúas, das prazas, etc. Para achegarnos ou alonxarnos das respectivas imaxes poderemos xirar a roda do ratón, ou ben pinchar sucesivamente na liña lateral do "zoom" cara o signo "+" ou o "-". Resulta especialmente últil esta ferramenta, pois permite atopar lugares moi concretos do Planeta (centros comerciais, hoteis...) e indicar rutas, entre distancias cortas e medias. Ademáis é posible engadir novos contidos ou categorías diversas ós mapas. Pero tamén podemos confeccionar os nosos propios mapas, persoaliza-los coa información que desexemos e almacena-los, premendo a tecla de "Mis Mapas", antes do cal deberemos abrir unha conta en Google Maps.
As imaxes dende satélite nos permiten contemplar espectaculares panorámicas da superficie terrestre. Se trata de imaxes reais, unhas de grande resolución e outras de baixa, ás cales se pode ademáis superpoñer a toponimia e un calexeiro coa trama urbana.
Finalmente nos mapas en relevo, similares ós mapas convencionais xa citados, inclúen a representación da topografía ou do relevo. Mediante curvas de nivel trazadas de 20 en 20 mts, e aplicandolle unhas cuidadas tintas hipsométricas e finas técnicas de sombreado, o territorio adquire unha especial plasticidade.

En calqueira dos casos, pinchando en algúns enclaves moi concretos dos mapas é posible acceder a un pequeño albúm fotográfico.

O segundo dos navegadores, sen dúbida máis popular, é "Google Earth". Require neste caso da instalación dun pequeno programa.

30 enero 2008

Benvid@s a tod@s:

Chámome XEOGRAFÍA e nacín, na Antiga Grecia, hai moitos miles de anos. Puxéronme este nome ó xuntar dúas palabras que xa existían: XEO - que significa Terra - e GRAFÍA - que significa Descripción. Convertíronme así nunha das mais vellas ciencias da Humanidade, comezando a adicarme á descripción dos territorios.
Eu sempre me considerei importante, pero as persoas non sempre me amosaron igoal estima.
Un dos primeiros sabios gregos que me prestou atención foi o astrónomo e matemático Erastóstenes
...
Pero máis que seguir podedes visualizarme neste documental da BBC sobre o planeta Terra.




Ou escoitarme nunha coñecida canción que me adicou o grupo de "La oreja de Van Gogh"